Concello da Coruña

Concello da Coruña

CORUÑAFILM Unha noite con... Jorge Sanz

Jorge Sanz será entrevistado por Carmina Escrigas, xornalista cultural, e compartirá co público asistente a consolidada traxectoria cinematográfica do actor. Trátase dunha entrevista aberta a preguntas do público.

Cando:

01/11/2014, de 21:00 a 22:30

Xa rematou

Horario:

21.00 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuíto, ata completar a capacidade.

O Auditorio do Centro Ágora acollerá a clausura da segunda edición de CoruñaFilm cunha entrevista a Jorge Sanz, un dos actores máis relevantes do noso cinema. A entrevista, aberta a preguntas do público, terá unha hora e media de duración e realizarase un repaso pola ampla traxectoria do actor.

Dende o seu inicio á idade de nove anos ata a actualidade, Jorge Sanz participou en máis de 60 producións cinematográficas, algunhas delas premiadas internacionalmente (Belle Epoque, Óscar á mellor película estranxeira en 1992, Amantes ou Valentina).

Conta con multitude de premios e nomeamentos do panorama cinematográfico español. Ten seis nomeamentos aos premios Goya e unha figura ao mellor actor por Si te dicen que caí, película pola que tamén gañou un Fotogramas de Prata.

Na súa consolidada traxectoria cinematográfica hai títulos tan destacados como Vivir es fácil con los ojos cerrados, La niña de tus ojos, El año de las luces, Oviedo Express, Bienvenido a casa, Lobo, De qué se ríen las mujeres, Tiempo de tormenta, El embrujo de Shangai, Tuno negro, Sin vergüenza, Cha-chacha, Manos de seda, Libertarias, Hotel y domicilio, Morirás en Chafarinas, Los peores años de nuestra vida, Por qué lo llaman amor cuándo quieren decir sexo, Orquesta Club Virginia, entre outros títulos.

En televisión vímolo recentemente na serie ¿Qué fue de Jorge Sanz?, dirixida por David Trueba para Canal+. Outros títulos destacados para a pequena pantalla son: Cazadores de hombres, El inquilino, A las once en casa, Pepa y Pepe, Colegio mayor, Curro Jiménez, Upa dance, Hospital Central, El club de la comedia ou Abogados.

En teatro, participou en montaxes como: Crimen perfecto, Amigos hasta la muerte, Descalzos por el parque, Hijos de mamá, Pequeños crímenes conyugales, Arsénico por favor.

Actualmente está a punto de rodar La reina de España, secuela de La niña de tus ojos de Fernando Trueba, na que estará acompañado do reparto orixinal da mítica longametraxe.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión