Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coro Cantabile: presenta a ópera Dido e Eneas

O Dido e Eneas de Cantabile estreouse na súa versión completa no Teatro Colón en decembro do 2011, dous anos despois volve con esta historia de amor entre Dido, a raíña de Cartago, e Eneas, heroe troiano.

Cando:

12/07/2013

Xa rematou

Horario:

20.30 horas.

Enderezo:

Teatro Colón

Prezo:

Información en www.teatrocolon.es

Henry Purcell compuxo Dido e Eneas para que a representasen as alumnas dun colexio de señoritas. As arias, os coros, as escenas, están deseñadas para un grupo de voces novas. Unha formación das características de Cantabile, pola idade e tipo vocal dos seus compoñentes é a que mellor se adapta á idea que Purcell tiña en mente cando compuxo esta ópera.

Dende a súa fundación no 2002, o Coro Infantil e Xuvenil Cantabile converteuse en referente musical na Coruña e fomentou a música e cultura galegas ao longo de toda España nas súas numerosas xiras tanto nacionais como internacionais. A cantidade de premios recibidos e a crítica avalan a súa traxectoria como unha agrupación de referencia en canto á calidade das súas voces.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión