Concello da Coruña

Concello da Coruña

Corazón de León de Marcos Carnevalle

Ivana Cornejo é unha exitosa avogada. Desde hai 3 anos está divorciada de Diego Bisoni, tamén avogado e socio do bufete que ambos comparten. Tras a perda do seu teléfono móbil, Ivana recibe a chamada de alguén que o atopou, con intencións de devolverllo.

A quen vai dirixido?:

Todos os públicos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 02/02/2017 ata o 04/02/2017

Xa rematou

Horario:

- Xoves 20.15 h; venres 20.15 e 22.45 h; sábados 17.15 e 20.15 h

** Rógase puntualidade (unha vez comezada a proxección, non se permitirá o acceso á sala)

Duración:

110 min

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

3,00 euros (+65 anos, carné xove ou persoas desempregadas: 2,00 euros)

Sesións do espectador: venres 22.45 h e sábados 17.15 h, prezo único 1,50 euros

* Para acceder aos descontos é imprescindible presentar o documento que acredite ser beneficiario del.

Organiza:

IMCE

Contacto:

981 184 293

É León Godoy, un arquitecto de gran renome cunha personalidade irresistible: simpático, galante, carismático... e tamén divorciado. Na charla telefónica que manteñen establécese moita empatía e ambos senten un inmediato interese. Durante esa mesma charla quedan de encontrarse ao día seguinte para devolverse o teléfono. Ivana é a primeira en chegar e León chega uns minutos máis tarde. Cando o ve queda perplexa, León é todo o que ela percibiu, pero mide 1,35 m. É o home perfecto, pero... demasiado baixo. A partir dese encontro, Ivana buscará superar eses 45 cm que lle faltan ao home da súa vida. Así enfrontarase ás conviccións dunha sociedade implacable e aos seus propios prexuízos, que lles esixen aos homes o éxito económico, profesional e eses ineludibles 180 centímetros de altura.

de Marcos Carnevalle

Intérpretes: Julieta Díaz e Guillermo Francella

Arxentina, 2014- 110 min - (V.O. en castelán)

APTA PARA TODOS OS PÚBLICOS

Formato: 35 mm

* Premios Sur 2013: Mellor actriz (Díaz), Revelación (N.Francella) e Maquillaxe.

VENDA DE ENTRADAS

Venda en despacho de billetes: media hora antes de cada función (unicamente se quedan entradas dispoñibles)

Venda anticipada: na conserxería de Fórum, de luns a venres de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h; sábados de 10.00 a 13.00 h

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión