Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concurso teloneiros NOPR - O Túnel

Arrinca a selección de teloneiros para o Noroeste Pop Rock 2013.

Cando:

Dende o 15/07/2013 ata o 16/07/2013

Xa rematou

Horario:

20.00 h.

Enderezo:

Coliseum

Prezo:

Con invitación.

Documentos:

Bases do concurso (39 KB)

O Noroeste Pop Rock 2013, un dos festivais de música máis seguidos e esperados cada verán na Coruña, arrinca hoxe dando os seus primeiros pasos coa presentación do concurso que organiza o Concello para seleccionar os catro grupos que participarán no certame como teloneiros.

Mediante este concurso serán seleccionadas dúas bandas de rock e outras dúas de pop a través dun sistema mixto formado por un xurado profesional e o público. “Coa posta en marcha deste concurso incentívase dende a cidade da Coruña   a creatividade dos músicos residentes na comunidade”.

En concreto, o sistema de elección contará con dúas fases, unha primeira de preselección na que o xurado se reunirá para escoitar os traballos presentados e elixir de entre todos os participantes a oito grupos, e unha segunda fase xa de selección na que eses oito grupos optarán a figurar finalmente entre os catro teloneiros do Noroeste Pop Rock 2013.

Esta segunda fase de selección final desenvolverase os días 15 e 16 de xullo, cunha actuación en directo dos grupos preseleccionados na Sala Túnel do Coliseum, con acceso gratuíto a través de invitación. "Desta selección elixiranse os catro grupos que actuarán en directo no Noroeste Pop Rock, que se realizará na praia de Riazor os días 9 e 10 de agosto".

 

Coliseum-O Túnel, 15 de xullo, 20 h.   CONCURSO FESTIVAL NOROESTE - Categoría Pop   

Coliseum-O Túnel, 16 de xullo, 20 h.   CONCURSO FESTIVAL NOROESTE - Categoría Rock



Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión