Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concerto Tonecho Castelos & Pablo Esqueira

Dúo de música folk galega formado por Tonecho Castelos Boutureira, violín, bouzouki e Pablo Gómez Esqueira, acordeón, piano e voz. Presentan unha proposta sinxela baseada en pezas tradicionais e tamén en composicións propias.

Cando:

10/04/2014 ás 23:59

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro

Prezo:

10'00 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)

No seu haber musical está o ter formado parte de distintos grupos de música tradicional e folk das mariñas lucense e coruñesa. Presentan o seu primeiro traballo discográfico Nas mariñas.

O seu directo é un directo que convida a unha viaxe pola súa música, un concerto íntimo, elegante e divertivo á vez. Aínda que sexa só un dúo incorpora no seu concerto unha rica variedade instrumental dando desta maneira un colorido sonoro moi singular. Cabe destacar tamén a súa faceta didáctica, xa que contan cunha versión didáctica da súa música para un público familiar.

NAS MARIÑAS. O título do disco fai referencia á orixe dos seus intérpretes, ambos da comarca da mariña lucense (Pablo), e da mariña coruñesa (Tonecho). O punto de partida foi en primeiro lugar a música tradicional e composicións propias inspiradas na música tradicional que foron transformando en pezas elaboradas con riquezas tímbricas moi variadas. Trátase dunha coidada selección de melodías sinxelas que foron coloreando cos seus arranxos. Contén todo tipo de ritmos galegos variados. Nas mariñas é o primeiro traballo de Tonecho Castelos & Pablo Esqueira.

Venda de entradas:

Despacho Central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función, de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Venda telefónica: 902 504 500.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión