Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concerto TOC TOC

INVITACIÓNS ESGOTADAS

A quen vai dirixido?:

Familiar.

Cando:

03/01/2015, de 18:30 a 19:30

Xa rematou

Horario:

18.30 h

Duración:

1 hora

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

INVITACIÓNS ESGOTADAS

"Toc Toc" é a chamada á porta do mundo das nenas e dos nenos. Un mundo de alegría, ilusión, amizade e compañeirismo, onde non teñen cabida as guerras, e si a defensa do medio ambiente, a protección dos animais, a ilusión da chegada do Nadal, a fantasía do mundo dos piratas e, como non, o mundo paralelo das nenas e dos nenos: os contos, onde poden aparecer protagonistas femininas, creativas e decididas (e non nenas/mulleres inxenuas como a tradición literaria deste xénero preséntanos habitualmente) xogando así un papel máis próximo á sociedade de hoxe en día.

Tamén hai humor, como os animais que forman unha orquestra, loitas atmosféricas entre anticiclóns e borrascas, os bonecos que poden centrar a vida das/os nenas/os.

No terreo musical, "Toc toc" rima con rock, pop, folk e tamén soul, a alma da música moderna que partiu da tradición cultural e musical de moitos países africanos que neste caso mestúrase coa tradición musical galega. Desta última aparecen dous romances infantís O piollo e a pulga e Mazarico.

INVITACIÓNS ESGOTADAS

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión