Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concerto Brothers in Band: Tour on the night 2013

A mellor banda tributo a Dire Straits de toda Europa leva ao Teatro Rosalía un concerto da súa xira que os levará por toda a península.

Cando:

Os días 13/04/2013, 14/04/2013

Xa rematou

Horario:

21.00 h.

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro

Prezo:

20'00, 15'00, 12'00, 9'00 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%).

Televenda:

Ataquilla.com

Esta é a banda que os propios Dire Straits confundiron consigo mesmos.

Durante máis de dúas horas os asistentes reviven grandes clásicos como Money for nothing, Walk of life, Telegraph road, Bothers in arms, So far away... nun espectáculo que recrea ao detalle os concertos de Dire Straits.

O grupo presenta unha formación de nove músicos no escenario, dúas guitarras, baixo, batería, dous teclados, percusión, saxo e Steel guitar, a mesma que levaron en 1991 os Straits na súa última e memorable xira On the Night, un dos directos da historia do rock, sen dúbida.

Hai outros grupos tributo aos Dire Straits, pero Brothers in Band é o único que pode presumir de ter sorprendido aos músicos dos Straits, que confundiron as súas versións coas cancións orixinais. Foi en concreto Guy Fletcher, teclista habitual de Knopfler nos últimos anos, o que ao escoitar o ensaio en directo de Brothers in Band durante o festival no que coincidiron en Granada no 2008, creu que se trataba dunha gravación orixinal de Knopfler, polo que felicitou persoalmente aos músicos, tal e como Fletcher relatou despois no diario de xira da súa web.

Horario: 21.00 horas

Entradas: 20'00, 15'00, 12'00, 9'00 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)

Venda de entradas:

Despacho central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Venda telefónica: 902 504 500

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión