Concello da Coruña

Concello da Coruña

Compañeiros de oficio

A Fundación Barrié mostrará na súa sede da Coruña, dende o 7 de novembro, a exposición "Compañeiros de oficio", unha reflexión sobre o papel da arquitectura vernácula como piar fundamental da obra de grandes mestres da arquitectura contemporánea.

Cando:

Dende o 07/11/2012 ata o 07/04/2013

Xa rematou

Enderezo:

Fundación Barrié. Rúa Cantón Grande 9.

A mostra, unha produción propia da Fundación e comisariada por Pedro de Llano, catedrático de Representación e Teoría Arquitectónica da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña, propón como facer unha nova arquitectura que mellore e se axuste á sociedade que vén, e cuestiona a relación entre o edificio, os seus destinatarios e as necesidades do medio, da paisaxe.

"Compañeiros de oficio" propón unha reflexión sobre o papel da arquitectura vernácula como piar fundamental da obra dun imprescindible grupo de arquitectos contemporáneos como Alvar Aalto, Álvaro Siza, Tadao Ando, Balkrishna Doshi, Peter Zumthor, Glen Murcutt, … ou como Charles-Édouard Jeanneret, Le Corbusier. Así mesmo, arredor da exposición organizarase un programa de actividades didácticas gratuítas e editarase unha publicación na que se recollerán os contidos presentes na exposición, documentación e textos adicionais que complementan e enriquecen os ditos contidos.

Achegamos máis información e imaxes da exposición cos seus correspondentes copyrights de obrigada publicación.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión