Concello da Coruña

Concello da Coruña

Colorsonoro: arte electrónica audiovisual

Espectáculo multidisciplinar onde electroacústica, música en vivo e videoarte súmanse para narrar tres historias sobre a tolemia e a morte.

Cando:

25/04/2013

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Este proxecto audiovisual xorde da colaboración entre a aula de música electrónica do Conservatorio Superior e a Escola de Imaxe e Son da Coruña, e ten como froito, nesta ocasión, tres pezas de videoarte que fusionan música electrónica coas imaxes de tres pantallas de vídeo simultaneamente. Estas obras son presentadas nunha performance cun orixinal proxecto escenográfico, no que á música electrónica e os vídeos previos súmase música en directo e interpretación de actores.

 

Breve descrición das pezas audiovisuais:

 

Despierta, César.

A obra formúlase como unha reflexión en soporte audiovisual e musical sobre o tema da tolemia e a inadaptación do ser humano á sociedade de hoxe en día. Como punto de partida temos a película El gabinete del Doctor Caligari, de Robert Wiene, onde se tratan especificamente temas como a alienación do individuo, a conspiración da sociedade e a paranoia.

 

Bobok

Bobok é un conto fantástico do escritor ruso Fiódor Dostoievski no que o literato Iván Ivanovich fala sobre un diálogo que escoitou entre os mortos dun cemiterio, os cales, aínda estando xa varios metros debaixo da terra dedícanse a lembrar os praceres sensuais da vida e seguen voluntariamente suxeitos aos roles que cumprían en sociedade.

 

Madame Báthory

A temática da obra xira arredor da figura da condesa Erzsébet Báthory. Centrarase, principalmente, nos últimos momentos da súa vida, que era no interior dun módulo illado onde as autoridades húngaras ordenaron que permanecese.

 

Información sobre o proxecto colorsonoro: colorsonoro@gmail.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión