Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Sen Numerar: O Home Almofada

de Martín McDonagh (1970).

Cando:

03/05/2013

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano

Prezo:

9.00 € (carné xove, + 65 anos e desempregados: 7.00 €).

Televenda:

Ataquilla.com

Nun país totalitario sen nome, Katurian, unha escritora de macabros contos infantís está a ser interrogada por unha parella de policías por mor da aparición na cidade dunha serie de cadáveres de nenos. O modus operandi do suxeito que leva a cabo estes crimes é sospeitosamente similar ao que ela describe nalgúns dos seus relatos. Ela loita por defender a súa inocencia. Todo cambia cando descobre que na cela contigua está presa a súa irmá, que padece un forte transtorno psicolóxico por mor dos malos tratos que sufriu sendo unha nena, e que vai ser interrogada. Katurian intentará por todos os medios estar en contacto con ela. O resultado do encontro entre as dúas irmás disparará as dúbidas sobre os asasinatos, pero abrirá outras incógnitas, aínda máis intensas e preocupantes.

Dirección: Tito Asorey.

ENTRADAS: 9.00 € (carné xove +65 anos e desempregados: 7.00 €)

 

VENDA DE ENTRADAS

- Despacho Central; Praza de Ourense: de luns a venres, excepto festivos de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h (pagos en efectivo).

- Despacho do Fórum: mesmo día dende unha hora antes (pagos en efectivo).

- Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión