Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: Un trozo invisible de este mundo

Cinco personaxes nunha peza que aborda con ironía, humor e drama dous temas que se tocan, que se confunden e rozan: o exilio e a inmigración.

Cando:

Os días 11/05/2013 ás 20:30 , 10/05/2013 ás 20:30

Xa rematou

Horario:

20.30 horas.

 

Duración:

100 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37. 15001 A Coruña

Prezo:

18'00, 14'00, 11'00, 8'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)

 

Televenda:

Ataquilla.com

De Juan Diego Botto

Sen paternalismos, sen condescendencia e sen tópicos, esta obra trata de poñer nome e apelidos a aquelas persoas que a miúdo só coñecemos a través das cifras e estatísticas dos titulares de prensa.

Un axente de policía que cre que neste país non cabe ninguén máis. Un inmigrante que chama dende un locutorio á súa muller e, entre divertidos desencontros e confusións, explica como lle van as cousas e a dureza da distancia. Unha muller subsahariana que lle conta ao seu fillo como viaxou a Europa e os obstáculos que atopou no "primeiro mundo". Un mozo que relata a súa experiencia fronte á tortura na Arxentina da ditadura da Xunta militar dos 70, e un home que, cargado de sarcasmo, filosofa sobre o que supón estar lonxe de casa e perdelo todo por un exilio político.

Estes textos están baseados e inspirados en persoas e experiencias reais coñecidas grazas á colaboración de diversas organizacións e ONG's, ás que o autor debe un enorme agradecemento.

Con Juan Diego Botto, Astrid Jones

Dirección: Sergio Peris-Mencheta

Compañía: Producciones Cristina Rota e Teatro Español

Duración aproximada: 100 minutos

Funcións: 20.30 horas

Entradas: 18'00, 14'00, 11'00, 8'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)

*Venda de entradas soltas a partir do 7 de xaneiro.

Venda de entradas:

Despacho do Central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función, de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Venda telefónica: 902 504 500.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión