Un paciente chamado Adolfo é ingresado nunha clínica. Convencido de que puido ser o presidente do Goberno, recreará os principais episodios históricos da Transición e a súa repercusión na nosa realidade actual.
Os días 04/10/2013 ás 20:30 , 05/10/2013 ás 20:30
Xa rematou
20.30 h.
90 minutos
21'50, 15'00, 13'00, 9'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)
VENDA DE ENTRADAS SOLTAS: dende o 6 de setembro do 2013.
De Alfonso Plou e Julio Salvatierra.
Humor, sátira e reflexión altérnanse neste espectáculo no que a Historia se atopa coa humanidade. Reconstruíndo un lugar, un espazo e un tempo dende o que entender o que somos a partir do que fomos.
Oito actores encarnan os personaxes deste proxecto coproducido polo Centro Dramático Nacional e as compañías L'Om-Imprebís, Teatro Meridional e Teatro del Temple. Os autores Julio Salvatierra e Alfonso Plou e os directores Santiago Sánchez e Carlos Martín levantan unha ficción na que pasado, presente e futuro se solapan.
Unha sociedade para existir debe contarse a si mesma, e a Transición é un período transcendental da nosa historia cuxa revisión, dende a ficción escénica, pode axudarnos a comprendela e a comprendernos mellor...
Con Antonio Valero, Elvira Cuadrupani, José Luis Esteban, Balbino Lacosta, Álvaro Lavín, Carlos Lorenzo, Eva Martín, Eugenio Villota.
Dirección: Carlos Martín e Santiago Sánchez.
Funcións: 20.30 horas
Entradas: 21'50, 15'00, 13'00, 9'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)
* VENDA DE ENTRADAS SOLTAS A PARTIR DO 6 DE SETEMBRO*
Venda de entradas:
Despacho Central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.
Despacho do Teatro Rosalía: só días de función, de 12 a 14 e de 18 a 20 horas.
Venda telefónica: 902 504 500.
VENDA DE ENTRADAS SOLTAS: dende o 6 de setembro do 2013.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible