Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: Tío Vania

Antón Chéjov escribiu Tío Vania, posiblemente a súa obra máis fermosa e conmovedora, cando o século XIX tocaba á súa fin.

Cando:

Os días 11/01/2013 ás 20:30 , 12/01/2013 ás 20:30

Xa rematou

Horario:

20.30 horas.

Duración:

100 min

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37. 15001 A Coruña

Prezo:

21.'50, 15'00, 13'00, 9'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%).

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE

Unha casa de campo en Rusia. Catro homes e catro mulleres en plena madurez, cheos de desexos e paixóns cruzadas, toman conciencia de que o destino das súas vidas comeza a escapárselles. Quizais puidesen soñar con outras formas de vivir máis felices, quizais deben decidir, simplemente, entre negar a realidade ou ter o valor de afrontala...

Con humor, con tenrura, con emoción, eles e elas expoñen a quen os ve e escoita un dilema eterno: reaccionar ou resignarse.

Antón Chéjov escribiu Tío Vania - posiblemente a súa obra máis fermosa e conmovedora- cando o século XIX tocaba á súa fin.

O mestre ruso presenta con proximidade e sutileza a oito seres humanos que, reféns nun xogo cheo de trampas, poderían ser fillos de calquera tempo e lugar. Porque pouco importa o argumento, a época ou o país. Inquietantemente familiar, é fácil para o espectador de hoxe recoñecer o xogo e as súas regras: cando máis nos empeñamos na fuxida, máis nos enredamos na arañeira da que tratamos de escapar.

Con luminosos cadros de costumes, ganduxados cun humor feroz. Chéjov constrúe unha metáfora brillante, desasosegante na súa proximidade, sobre a miseria que se esconde nas nosas rutinas e sobre a posibilidade de loitar por unha vida mellor e conseguila.

Unha persoal versión de Tío Vania, chea de ritmo e emoción, coa que o director Santiago Sánchez nos conduce a través dun labirinto de espellos no que vemos comicamente reflectidos. Subxugados polas circunstancias, pero tamén capaces - se de verdade o desexamos, se de verdade estamos dispostos a reaccionar - de vencelas.

 

Con Rosana Pastor, Carles Montoliu, Sandro Cordero, Xus Romero, Vicente Cuesta, Paca Ojea, Carles Castillo, Carmen Arévalo. 

Versión e dirección: Santiago Sánchez.

Compañía: L´om- Imprebis.

Duración aproximada: 100 minutos.

Funcións: 20.30 h.

Entradas: 21'50, 15'00, 13'00, 9'50 euros (carné xove, + 65 anos e desempregados: -20%)

*Venda de entradas soltas a partir do 7 de xaneiro.

Venda de entradas:

Despacho Central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función, de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Venda telefónica: 902 504 500.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión