Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: O Método Grönholm

Na sala de reunións dunha empresa multinacional comparecen catro aspirantes a ocupar un cargo executivo importante.

Cando:

Os días 15/03/2013 ás 20:30 , 16/03/2013 ás 20:30

Xa rematou

Horario:

20.30 horas.

Duración:

90 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 euros (carné, xove, + 65 anos, desempregados: -20%)

Televenda:

Ataquilla.com

A razón da súa presenza alí é que todos eles foron convocados a unha última proba na que a empresa decidirá quen dos catro é o elixido para o posto. A proba nesta ocasión vai ser conxunta e será realizada polos catro aspitantes ao tempo.

Ao pouco de dar comezo vai quedando claro para todos os aspirantes que aquela non é unha proba convencional. Todos, tres homes e unha muller, son profesionais con ampla experiencia, con cargos importantes noutras empresas na actualidade, acostumados a superar todo tipo de desafíos para alcanzar os obxectivos... Pero esta experiencia, na que entra en xogo o Método Grönholm, é unha experiencia distinta. Un xogo constante entre verdades e mentiras. Un xogo un pouco perverso, talvez, porque as emocións e os sentimentos dos personaxes son manipulados e sacudidos sen pudor nin compaixón ningunha. Algo que resulta escandalosamente normal na sociedade contemporánea.

O Método Grönholm ofrece unha reflexión sobre a deshumanización do capitalismo salvaxe. Foi representada en máis de 50 países, vista por máis de 2 millóns de persoas.

Con Toño Casais, Artur Trillo, María Ordóñez, Dani Trillo.

Dirección: Xulio Lago

Compañía: Talía Teatro

Duración: 90 minutos

Funcións: 20.30 h

Entradas: 14'00, 10'00, 8'00, 6'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)

*Venda de entradas soltas a partir do 7 de xaneiro.

Venda de entradas

Despacho Central, Praza de Ourense: de luns a venres, de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función, de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Venda telefónica: 902 504 500.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión