Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: Naturaleza muerta en una cuneta

Thriller policíaco de Fausto Paravidino.

Cando:

Os días 13/09/2013 ás 20:30 , 14/09/2013 ás 20:30

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Duración:

105 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro

Prezo:

21'50, 15'00, 13'00, 9'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%).

VENDA DE ENTRADAS SOLTAS A PARTIR DO 6 DE SETEMBRO.

Televenda:

Ataquilla.com

A trama xira arredor do asasinato dunha moza, esa natureza achada sen vida na cuneta dunha estrada, e a trepidante carreira contra reloxo do inspector encargado da investigación que dispón soamente de 16 horas para resolver o caso, antes de que o crime transcenda e Elisa Orlando se converta nunha morta de telenoticias.

Para iso, seis actores encarnarán preto de trinta personaxes, aínda que hai seis deles fundamentais para o autor que serán os eixos polos que transcorra a acción, que a pesar de ter unha clave policíaca herdeira do cinema negro é, por momentos, hilarante.

O texto, con todo, máis aló do tópico policíaco, quere expoñer, constatar, unha realidade social. Un aspecto no que o autor denuncia eses asasinatos mediáticos como parte, única e exclusivamente, ao lado escuro da sociedade, realidades crúas e sanguentas que non se han mesturar coa pulcritude da clase media que sostén o sistema. Os pais da vítima, licenciados, nunca sospeitarían que a súa dúctil filla mantivese unha vida diferente ao traspasar o limiar do fogar, mesturándose coa realidade máis incómoda, marxinal e delituosa da nosa sociedade.

Unha trama policíaca inmensa no mundo do lumpen, reflexo da vida mesma, unha viaxe no que o espectador queda atrapado e busca con avidez, en compañía do inspector Salti, descubrir o autor material do asasinato, tendo en conta que viaxa empaticamente coa dor e a angustia dunha nai ante a perda antinatural da súa filla.

Con Susana Abaitua, Sonia Almarcha, David Castillo, Juan Codina, Adolfo Fernández, Ismael Martínez.

Dirección: Adolfo Fernández.

Compañía: Coprodución de K. Producciones e Teatro Arriaga Antzokia.

Funcións: 20.30 h.

Entradas: 21'50, 15'00, 13'00, 9'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)

 

* VENDA DE ENTRADAS SOLTAS A PARTIR DO 6 DE SETEMBRO*

Venda de entradas:

Despacho Central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Teatro Rosalía: só dias de función, de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Venda telefónica: 902 504 500.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión