Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: "La violación de Lucrecia"

Coa interpretación estelar de Nuria Espert nunha obra de William Shakespeare.

Cando:

25/09/2014 ás 23:59

Xa rematou

Horario:

20.30 horas.

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, B. 15001 A Coruña

Prezo:

18'00, 14'00, 11'00, 8'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE

A extraordinaria e emocionante narración do feito criminal que terminou co reinado dos reis en Roma e propiciou polo tanto a instauración da república romana, convértese na pluma de Shakespeare nun mosaico de sentimentos, paixóns, arrebatos e delitos, nun espectáculo de gran beleza a pesar da súa arrepiante violencia.

A grande actriz Nuria Espert volve embarcarse nun ambicioso proxecto cun clásico de William Shakespeare, "La violación de Lucrecia", un poema dramático en forma de monólogo, dirixido por Miguel del Arco. O texto está baseado na lenda da orixe de Roma, as loitas polo poder e o papel da muller na época.

Se non fosen suficientes un texto de primeira magnitude e unha interpretación tocada pola inspiración, engadamos tres elementos máis. A dirección dun "home para seguir" Miguel del Arco, a máis que esplédida iluminación de Juanjo Llorents e a sombría, tenue, desconcertante e acertada escenografía de Ikerme Giménez.

Se queren gozar do teatro, descubrilo e amalo, asistir a "La violación de Lucrecia" ten que estar entre os seus próximos obxectivos.

Con Nuria Espert.

Dirección: Miguel del Arco.

Compañía: Producciones Juanjo Seoane.

Entradas: 18'00, 14'00, 11'00, 8'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)

Venda de entradas soltas a partir do 8 de setembro.

Despacho Central, Praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia: de luns a sábado (incluído festivos) de 9 a 21 h.

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Venda telefónica: 902 504 500.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión