Autor e director: Alfredo Sanzol.
Para público en xeral
Dende o 23/09/2016 ata o 24/09/2016
Xa rematou
20.30 h
100 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
21'50, 15'00, 13'00, 9'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%)
*Venda de entradas soltas a partir do 12 de setembro
"La respiración" parte dun feito dramático, a separación dunha muller que leva 15 anos coa súa parella, e ve como un día da noite para a mañá, todo termina. Nagore vén sufrindo a perda desde hai un ano e sente que está en crise, non se atopa, non sabe que facer, segue botando de menos moito o seu ex. A súa nai aparece entón en escena e azóutalle a conciencia cos seus consellos, suxírelle que se deixe levar por unha fantasís, que se interne noutros mundos, que descubra outras posibilidades.
"La respiración" é un agasallo para todos os que visen o pavillón da súa estima no máis alto grazas ao amor. Para todos os que visen o pavillón da súa estima no máis baixo grazas ao amor. Para todos os que senten e pensan que a pesar do que fagas co pavillón da túa estima cando te namoras xógala. Para todos os que conseguiron aprender a empatar coa vida.
Con Pau Durá, Verónica Forqué, Nuria Mencía, Pietro Olivera, Martiño Rivas, Camila Viyuela.
Autor e director: Alfredo Sanzol
Compañía: Teatro de La Abadía e Lazona
Idade recomendada: a partir de 14 anos
Venda de entradas:
Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 16 a 20 h
Televenda: 902 044 226 e Internet
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible