Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal - "La anarquista"

Teatro Español.

Cando:

Os días 14/03/2014 ás 20:30 , 15/03/2014 ás 20:30

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Duración:

90 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro

Prezo:

8'50, 11'00, 14'00, 18'00 €.

(Carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%).

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE

Tras pasar a maior parte da vida no cárcere, unha muller xoga a súa liberación nunha última entrevista coa funcionaria de prisións que debe informar sobre o seu caso.

Cathy, revolucionaria nos anos sesenta, foi capaz de manter tras os muros da prisión un certo espazo de liberdade interior. Ann, a funcionaria que a interroga, converteu a súa profesión, a súa vocación de servizo ao estado, nunha obsesión tan férrea como os muros dun cárcere. Cathy conseguiu, ata onde é posible ter, “unha vida” durante a súa condena; Ann perdeu a súa vida nunha misión de control e vixilancia na que é difícil distinguir onde termina o deber e comeza a invasión da intimidade allea.

É así como en "La anarquista", última obra do dramaturgo David Mamet, danse cita todas as constantes que fixeron do seu autor un dos máis destacados representantes do teatro contemporáneo: unha situación básica, unha conversa entre dous personaxes, é o bastidor no que se entretecen as ideas do pasado e os desexos do presente, o íntimo e o público, a sedución e a brecha política.

A linguaxe, unha vez máis, é o motor da acción. A capacidade de dar “nome ás cousas”, e a propia sedución das palabras, definirán finalmente, máis aínda que unha sempre elusiva “verdade”, quen detenta o poder.

"La anarquista" é ante todo un enorme reto para dúas actrices, que encarnan aceptando un duelo dialéctico na que ambas se xogan non só a liberdade ou o desenmascaramento dun engano, senón o sentido da súa vida. Tras o veo do intuído, do non dito, tras os medos privados e o aborrecemento ideolóxico, latexa a inquietante sospeita de que hoxe en día volve abrirse un abismo entre dous bandos irreconciliables.

Con Magüi Mira, Ana Wagener.

Dirección e versión: José Pascual.

 

VENDA DE ENTRADAS:

Despacho da Pza. de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Teatro Rosalía: día de función de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión