Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: "Kathie e o hipopótamo"

De Mario Vargas Llosa

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 30/01/2015 ás 20:30 , 31/01/2015 ás 20:30

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

21'50, 15'00, 13'00, 9'50 euros (carné xoven, + 65 anos, desempregados, -20%)

Televenda:

Ataquilla.com

Cando escribín a peza nin sequera sabía que o seu tema profundo eran as relacións entre a vida e a ficción, alquimia que me fascina porque o entendo menos canto máis a practico. A miña intención era escribir unha farsa, levada ata as portas da irrealidade (pero non máis aló, porque a total irrealidade é aburrida) a partir dunha situación que me roldaba: unha señora que aluga un polígrafo para que a axude a escribir un libro de aventuras. Ela está nese momento patético en que a cultura parece unha táboa de salvación contra o fracaso vital; el non se consola de non ter sido Víctor Hugo, en todos os sentidos dese nome caudaloso: o romántico, o literario, o político, o sexual.

Nas sesións de traballo da parella, a partir das transformacións que sofre a historia entre o que a dama dita e o que o seu amanuense escribe, as vidas de ambos corporízanse no escenario, convocadas pola memoria, o desexo, a fantasía, as asociacións ou o azar. Nalgún momento do traballo, entre as pantasmas de Kathie e de Santiago que eu trataba de animar, coáronse outras pantasmas, disimulándose entre as súas conxéneres, ata gañar, tamén, dereito de cidade na peza. Agora descúbroos, recoñézoos e, unha vez máis, quedo coa boca aberta. As mentiras de Kathie e de Santiago, ademais das súas verdades, delatan as miñas e, se cadra, as de todo o que, ao mentir, exhibe a impúdica arxila con que amasa as súas mentiras.

Mario Vargas Llosa.

Con Ana Belén, Ernesto Arias, Jorge Basanta, Eva Rufo, David San José.

Dirección: Magüi Mira

Compañía: Pentación Espectáculos

Duración: 90 minutos

Venda de entradas:

Despacho Central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función, de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Sede Afundación: de luns a sábado, incluídos festivos, de 9 a 21 h.

Venda telefónica: 902 504 500

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión