Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: Gaivotas subterráneas

Dous grandes actores galegos, Xabier Deive e Luis Iglesia representan esta obra de Alfonso Vallejo.

Cando:

Os días 24/01/2013, 25/01/2013, 26/01/2013

Xa rematou

Horario:

20.30 horas.

Duración:

75 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE
A obra de teatro "Gaivotas subterráneas" representarase dentro do ciclo Principal os días 25 e 26 de xaneiro.    

A maiores farase unha estrea deste espectáculo o día 24. 

 

Alfonso Vallejo crea en Gaivotas subterráneas unha inquietante atmosfera arredor da relación de dous vellos amigos, que nos permitirá gozar dun duro combate entre dous dos nosos mellores actores.

Nino Carpio traballa nunha empresa de seguros e busca a Mario, músico e amigo da infancia, ao que convence para que lle axude a conseguir unha importante suma de diñeiro do seu seguro de vida.

Nino atopou un home coas súas características físicas, ao que, unha vez morto, desenterran e visten con roupas e obxectos do propio Nino. Provocan un accidente no seu coche co morto dentro, para facer crer que o morto é Nino Carpio. A súa muller Lena poderá así cobrar o diñeiro do seguro, do que Nino gozará con outra identidade.

Con Xabier Deive e Luis Iglesia.

Versión e dirección: Artur Trillo.

Compañía: RTA

Duración aproximada: 75 minutos

Funcións: 20.30 h

Entradas: 14'00, 10'00, 8'00, 6'50 euros (carné xove, + 65 anos e desempregados: -20%)

*Venda de entradas soltas a partir do 7 de xaneiro

Venda de entradas:

Despacho Central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función, de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Venda telefónica: 902 504 500.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión