Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: Emilia

De Claudio Tolcachir

Cando:

Os días 19/12/2014 ás 20:30 , 20/12/2014 ás 20:30

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, B. 15001 A Coruña

Prezo:

21'50, 15'00, 13'00, 9'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE

Nesta historia hai un home (Walter) que sufriu enfermizamente a infancia, que viviu con moita dor o rexeitamento do mundo e que só contou coa súa aia como único afecto.

Pode ser que un home que só coñeceu un amor contratado poida entender por normalidade que as regras do amor implican pagar polo afecto?

Este é Walter, que a forza de paixón, traballo e recursos construíu un mundo adulto. É unha historia poboada de mentiras, desas mentiras que se xustifican pola supervivencia familiar. A diferenza doutros personaxes meus, atafegados pola negación, estes seres son conscientes e á vez vítimas das súas mentiras, pero están demasiado aterrados como para romper a pequena estrutura que amaron.

"Ninguén é tan puro, non existe un amor sen condicionamentos", sostén Walter tratando de reter a súa muller que se lle escapa. Por algunha razón todos se aman. E esa razón non sempre é o amor.

Pode enredarse no costume, a convivencia, o cansazo, a culpa, o medo á soidade, a esperanza perdida, a morte que se asoma.

Aquí todos o saben, Walter deuno todo para ter esa familia, e non amar a quen nos deu todo pode ser moi doloroso. E asumir a mentira e atoparse espido pode selo aínda máis.

Sexa nesta historia quizais Emilia, a aia, quen poida alardear dunha fidelidade amorosa inquebrantable, está na súa natureza, e levarao ao extremo do sacrificio tráxico.

Talvez sexa a historia de nenos homes que necesitan aia.

Unha historia sobre perdedores conscientes e asustados da súa condición. E dunha estrutura social que está renxendo. Que se afastou de ser o seu máis simple. E aínda está aferrada, como pode, a unha imaxe de si mesma.

Claudio Tolcachir.

Con Gloria Muñoz, Malena Alterio, Alfonso Lara, Daniel Crao, David Castelo.

Dirección: Claudio Tolcachir.

Compañía: Producciones Teatrales Contemporáneas SL

Entradas: 21'50, 15'00, 13'00, 9'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)

Venda de entradas soltas a partir do 8 de setembro.

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia: de luns a sábado (incluídos festivos) de 9 a 21 h.

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Venda telefónica: 902 504 500.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión