Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: Elling

Zoa Producciones presenta Elling de Ingvar Ambjornsen, versión de David Serrano.

Cando:

Os días 22/02/2013 ás 20:30 , 23/02/2013 ás 20:30

Xa rematou

Horario:

20.30 horas.

Duración:

120 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37. 15001 A Coruña

Prezo:

21'50, 15'00, 13'00, 9'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%).

 

Televenda:

Ataquilla.com

Elling e Kjell Bjarne son dous corentóns que viven recluídos nun hospital psiquiátrico de Noruega. Ningún dos dous ten un diagnóstico claro, polo que o seu goberno decide trasladalos a un piso de "adaptación", onde poidan prepararse para a vida "normal". Con todo, para esta parella, levar a cabo as actividades máis elementais e correntes, convértese nun perigoso safari pola xungla urbana.

Elling é unha comedia conmovedora que nos propón unha interesante reflexión. Unha parella illada durante anos nun sanatorio psiquiátrico coa única enfermidade diagnosticada de non ser capaces de adoptarse á vida en sociedade. Quizais a súa "enfermidade" sexa que non poden deixar de ser nenos e convivir nun mundo onde só os máis fortes sobreviven.

Elling é unha aposta pola amizade, o amor e a confianza. Talvez sexa necesario crecer, facerse adulto e enfrontarse aos golpes da vida, pero seguro que será máis fácil co apoio incondicional dun bo amigo.

Con Carmelo Gómez, Jordi Aguilar, Rebeca Montero, Chema Adeva.

Dirección: Andrés Lima

Compañía: Zoa Producciones

Duración aproximada: 120 minutos

Funcións: 20.30 horas

Entradas: 21'50, 15'00, 13'00, 9'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)

*Venda de entradas soltas a partir do 7 de xaneiro

Venda de entradas:

Despacho Central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Venda telefónica: 902 504 500.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión