De Lope de Vega
Para público en xeral
Dende o 10/02/2017 ata o 11/02/2017
Xa rematou
20.30 horas
110 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
21'50, 15'00, 13'00, 9'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%)
Encadrada unhas veces na comedia palatina, outras na comedia urbana, o certo é que se trata dunha comedia única, con gran personalidade e que destaca pola construción dos personaxes, pola beleza dos seus parlamentos e pola orixinalidade da súa estrutura.
Lope obra o prodixio de compoñer unha comedia labrada meticulosa e profundamente, mediante uns recursos espazo-temporais, de linguaxe e versificación, de contexto e de procedementos serios, cómicos e fantásticos que lle fan navegar, unhas veces, con enorme brío, outras coa calma e o lirismo de sentir, dubidar, temer... atravesando os recunchos máis ocultos e humanos da experiencia de educación sentimental.
Fermosa, tenra, divertida, escura, luminosa, vibrante, bruta, triste, alegre, aristocrática e popular, esta comedia atrápanos desde o primeiro momento, cando vemos a esa muller, Diana, loitando torpemente por saír do cárcere de ouro no que foi encerrada.
Abordo este espectáculo acompañada por un equipo extraordinario de intérpretes, creativos e das distintas seccións da CNTC, co desexo profundo de chegar ao noso público e de contarllo para que sintan que o reciben por primeira vez.
Helena Pimenta
Con Rafa Castejón, Joaquín Notario, Marta Poveda, Álvaro de Juan, Óscar Zafra, Nuria Gallardo/ Paula Iwasaki, Alba Enríquez, Natalia Huarte, Paco Rojas, Egoitz Sánchez, Pedro Almagro, Alfredo Noval, Alberto Ferrero, Fernando Conde.
Dirección: Helena Pimenta
Compañía Nacional de Teatro Clásico
Venda de entradas:
Despacho Central: praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 16 a 20 h
Venda telefónica: 902 044 226
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible