Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: El manual de la buena esposa

Comedia que fala, fundamentalmente, sobre a muller española e os tempos que lle tocou vivir dende 1934 ata 1977.

Cando:

Os días 31/05/2013 ás 20:30 , 01/06/2013 ás 20:30

Xa rematou

Horario:

20.30 horas.

Duración:

90 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37. 15001 A Coruña

Prezo:

18'00, 14'00, 11'00, 8'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%).

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE

Con textos de Miguel del Arco, Verónica Fernández, Yolanda García Serrano, Ana R. Costa, Juan Carlos Rubio e Alfredo Sanzol.

Fala tamén das relacións matrimoniais, a educación, o deporte, a invasión das suecas, a relixión, a censura, a radio, a sexualidade e ata dos coros e danzas.

O humor permite falar de temas moi serios e iso é o que nos propuxemos con esta obra. Os autores non xulgamos se aqueles tempos foron peores, tan só nos limitamos a darlles voz a tres mulleres que viven situacións cotiás e a través delas os espectadores serán os que saquen as súas propias conclusións.

As tres actrices convértense en distintos personaxes para representar eses modos de vida pertencentes a un pasado próximo. Serán nenas; tamén mozas que aspiran a un posto na Sección Feminina, ou aplicadas esposas que buscan a felicidade do cónxuxe; ou transgresoras das normas establecidas en materia de relixión ou sexo. Son inxenuas, decididas, peleonas, concienciadas e donas dos seus actos. En definitiva, mulleres de carne e óso que viven en pos dun ideal, aínda que ás veces sexan cuestionadas.

Os programas radiofónicos, a música de distintas épocas e os costumes sociais están reflectidos nunha obra onde os textos contan como vivían esas mulleres que aspiraban a ser algo na vida. O resultado que se pretende é unha obra fresca e orixinal na que as risas as deben poñer os espectadores. O noso obxectivo é facer rir e pensar a partes iguais. Como dixo Mark Twain: "A raza humana ten unha arma verdadeiramente eficaz: a risa".

Con Llum Barrera, Mariola Fuentes, Natalia Hernández.

Dirección: Quino Falero.

Compañía: Lazona.

Duración aproximada: 90 minutos.

Funcións: 20.30 horas.

Entradas: 18'00, 14'00, 11'00, 8'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)


Venda de entradas:

Despacho Central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función, de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Venda telefónica: 902 504 500

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión