Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: El chico de la última fila

A obra comeza presentando a Germán, un profesor de bacharelato de Lingua e Literatura, mentres corrixe unhas redaccións dos seus alumnos nas que explican o que fixeron durante a fin de semana.

Cando:

Os días 15/11/2013 ás 20:30 , 16/11/2013 ás 20:30

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Duración:

75 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro

Prezo:

18'00, 14'00, 11'00, 8'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: - 20%).

VENDA DE ENTRADAS SOLTAS: dende o 6 de setembro do 2013.

Televenda:

Ataquilla.com

De Juan Mayorga

Germán observa con decepción que os seus alumnos non son capaces de escribir nin dúas frases seguidas. Pero de súpeto a súa sorte cambia cando se atopa cunha redacción ben escrita e que consegue espertar a atención do lector. Pertence a Claudio, un misterioso alumno que non participa nas clases e senta sempre na última fila. Sorprendido pola calidade do texto comeza a lelo en voz alta ante a súa muller, Juana, para facela partícipe do interesante achado. Claudio narra con detalle como foi a fin de semana na casa do seu compañeiro Rafael Artola, a quen axuda cos exercicios de matemáticas, caracterizando con aguda ironía a normal familia de clase media do seu amigo, composta pola nai, chamada Ester, Rafa pai, Rafa fillo e Marta, outra filla do matrimonio que non aparece na obra porque estuda no estranxeiro.

A redacción finaliza cun suxestivo "Continuará" que esperta de inmediato a curiosidade de Germán e Juana por Claudio, así como pola familia de Rafa, quen se converten dende ese momento en interesantes personaxes de ficción traídos da man de Claudio ou, talvez non son personaxes de ficción? Juan Mayorga presenta con esta obra un interesante xogo metanarrativo que oscila entre un mundo real e un posible mundo ficcional que consegue suscitar un interese crecente no lector a medida que aumenta a confusión entre o mundo real e o imaxinario, establecéndose un paralelismo entre o lector e o matrimonio formado por Juana e Germán, quen tampouco son capaces de discenir con claridade se o que conta Claudio acerca da familia é real ou non. A confusión entre realidade e ficción chega a tal punto que ao final da obra son eles mesmos os que se converten en personaxes ficcionais creados por Claudio ou, talvez non?.

Con Miguel Lago Casal, Olaia Pazos, Samuel Viyuela, Sergi Marzá, Rodrigo Sáenz de Heredia, Natalia Braceli.

Dirección: Víctor Velasco

Compañía: La fila de al lado.

Funcións: 20.30 h

Entradas: 18'00, 14'00, 11'00, 8'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: - 20%)

 

* VENDA DE ENTRADAS SOLTAS A PARTIR DO 6 DE SETEMBRO*

Venda de entradas:

Despacho Central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Teatro Rosalía: só dias de función, de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Venda telefónica: 902 504 500.

 

VENDA DE ENTRADAS SOLTAS: dende o 6 de setembro do 2013.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión