Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: Demolición

Talía Teatro abre o Ciclo Principal de Outono cunha obra de Cándido Pazó.

Cando:

Os días 19/09/2014 ás 20:30 , 20/09/2014 ás 20:30

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, B. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE

Unha situación, un conflito, personaxes e diálogo. Catro pés para un banco da comunicación teatral. Hai outros. Pero quixemos probar se chegaba con estes para que o banco se mantivese en pé.

Comidrama. Xa que o concepto existe, ortorguémoslle un nome. Un termo que exprese esa alquimia dramática entre o humor e a emoción, entre a dor e o pracer, entre a diversión e a reflexión.

A espera, un eco beckettiano que chega de lonxe. O fracaso colectivo reverberando metaforicamente. A fraxilidade humana resoando no fondo do precipicio.

A peza, escrita e dirixida por Candido Pazó, foi cualificada como "comidrama" polo autor, que a describiu como unha "mestura cómica e dramática". A trama retrata a situación dun edificio construído "sen licenzas e que tiña que ser derrubado dende hai anos" pero "sempre se salva", aínda que "haberá que esperar ao final para saber se se salva ou non". Sobre o escenario, dous personaxes "reais" contarán a situación vivida polas persoas afectadas polo problema urbanístico e reflexionarán acerca de "vulnerabilidade e debilidade humana". O seu autor destaca os diálogos "vivos e dinámicos" con que pretende implicar o espectador no drama, contando cun toque cómico, que permite relaxar o ambiente. Pazó, que lembra que el é de Vigo, ironiza sobre o lugar de localización do seu edificio. Artur Trillo, un dos actores que participa na obra, eloxia a peza, que "require un maior esforzo do autor" debido á forza do guión e, sobre todo, polo feito de ter que enfrontarse ante o escenario só co diálogo.

Intérpretes: Toño Casais e Artur Trillo.

Dirixido por Cándido Pazó.

Venda de entradas soltas a partir do 8 de setembro.

Despacho Central, Praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia: de luns a sábado (incluídos festivos) de 9 a 21 h.

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Venda telefónica: 902 504 500.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión