Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: Criaturas

De Roberto Bolaño.

Cando:

Os días 06/12/2013 ás 20:30 , 07/12/2013 ás 20:30

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Duración:

105 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%).

VENDA DE ENTRADAS SOLTAS: dende o 6 de setembro do 2013.

Televenda:

Ataquilla.com

Era xa a unha da madrugada; a choiva golpeaba triste contra os cristais, e a candea estaba a piques de consumirse, cando o escintileo da chama medio extinguida vin abrirse os ollos amarelados e apagados da criatura.

Non é a primeira vez que tanto Vidal Bolaño como autor, como Teatro do Aquí, como compañía, busca nos mitos o mellor dos referentes, convencido de que neles reside case todo o que importa. Criaturas, poñen a ceo, xa dende o mesmo título, cales son os referentes dos que parte, cal o mito no que busca as súas orixes, e cal o marco no que inscribe a súa busca. O mito non é outro que o de Prometeo, o primeiro creador de vida artificial. O xénero dende o que o fai, o do Terror, e os caudais farturentos dos que bebe, o Frankenstein de Mary Shelley e o maxistral díptico que arredor del realizou nos anos trinta para a Universal James Whale.

Os perfís das nais desas "criaturas", como non podía ser doutro xeito, veunos suxerido da observación da propia realidade, pola lectura de crónicas de sucesos, o seguimento dos noticiarios de radio ou televisión, ou a nosa convivencia con eles. E o pretexto para botalos a andar e ver de poñer ao descuberto, o que de medorento pode haber tras a súa aparente normalidade, da relación que establecen coa criatura creada polo Doutor Frankenstein, cando esta, pouco antes de illarse definitivamente da civilización e perderse nas inmensidades polares, se achega ao noso presente para observalo por última vez.

Unha viaxe así, por suposto, non estaría ao noso alcance nin foi esa nosa pretensión, dende a transcendencia ou o rigor filosófico, senón dende o humor, a ironía e o sarcasmo. É dende aí dende onde o intentamos facer, reinterpretando a realidade e a nosa relación con ela na dirección descrita, e vendo de traducir o intuído a feitos literarios escénicos concretos, dende unha poética teatral que se quere e sábese quen de ser propia.

Con Belén Constenla, Vicente de Souza, Marcos Orsi, Xoán Carlos Mejuto.

Dirección: Evaristo Calvo (a partir da montaxe orixinal de Roberto Vidal Bolaño)

Compañía: Coprodución de Teatro do Aquí e CDG, Fundación Autor, SGAE e Kachet S.L.

Funcións: 20.30 horas

Entradas: 14'00, 10'00, 8'00, 6'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)

 

* VENDA DE ENTRADAS SOLTAS A PARTIR DO 6 DE SETEMBRO*

Venda de entradas:

Despacho central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función, de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Venda telefónica: 902 504 500.

 

VENDA DE ENTRADAS SOLTAS: dende o 6 de setembro do 2013.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión