Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: "Continuidad de los parques"

Dirixida e adaptada polo mozo director Sergio Peris-Mencheta, que xa nos deleitou con obras como "Un trozo invisible de este mundo".

Cando:

Os días 03/10/2014 ás 20:30 , 04/10/2014 ás 20:30

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, B. 15001 A Coruña

Prezo:

18'00, 14'00, 11'00, 8'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE

De Jaime Pujol.

Un parque, de por si, xa é un escenario. Citas concertadas, encontros casuais, conversacións fútiles que en ocasións deveñen en reflexións profundas de dous ou máis individuos, fogar de indixentes, lugar de contemplación, de paseo, de xogo, de sedución... O banco convértese no sitio idóneo para a complicidade ou o antagonismo, aínda que só sexa pola proximidade física de dous descoñecidos. A palabra fai o resto. Este é o punto de partida das pezas que compoñen Continuidad de los parques, como tamén o foron anteriormente obras como El Square, de Marguerite Duras, ou Historia del zoo, de Edward Albee. Pero a diferenza destas, onde asistimos ao drama dos seus personaxes, Continuidad de los parques proponnos un xogo perverso, cómico e enganoso: un retablo de aparencias, de continuos equívocos, a medio camiño entre o realismo e o absurdo.

Con Roberto Álvarez, Fele Martínez, Gorka Otxoa, Luis Zahera, Marta Solaz.

Dirección: Sergio Peris-Mencheta

Compañía: Coprodución de Barco Pirata Producciones Teatrales con Teatro Español

Entradas: 18'00, 14'00, 11'00, 8'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)

Venda de entradas soltas a partir do 8 de setembro.

Despacho Central, Praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia: de luns a sábado (incluídos festivos) de 9 a 21 h.

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Venda telefónica: 902 504 500.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión