Versións e diversións sobre textos de Cervantes, baixo a dirección de Yayo Cáceres.
Para público en xeral
Dende o 21/10/2016 ata o 22/10/2016
Xa rematou
20.30 horas
90 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
18'00, 14'00, 11'00, 8'50 € (Carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: -20%)
*Venda de entradas soltas a partir do 12 de setembro.
Cervantina é unha nova aproximación de Ron Lalá ao universo creativo do maior autor das nosas letras. Textos diversos, versos, versións e diversións arredor dun dos xenios indiscutibles da literatuta universal.
Unha festa de pezas breves que reúne sobre o escenario as adaptacións "ronlaleiras" dalgunhas novelas exemplares e entremeses, ademais de fragmentos de pezas menos coñecidas como El Persiles, La Galatea, El Viaje del Parnaso. Unha homenaxe e un encontro coa arte lúdica, hilarante e profundamente humano do autor do Quixote... entre outras obras mestras que urxe redescubrir.
Unha celebración do mellor Cervantes, eterno e próximo, con sabor ao inconfundible selo de Ron Lalá.
Despois do rotundo éxito internacional de En un lugar del Quijote, a compañía dá un paso máis na súa exploración do mundo literario cervantino a través das ferramentas da súa linguaxe escénica: o humor, a poesía, o mundo desenfreado, a música en directo...
Un diálogo aberto e sen complexos para lles contaxiar aos espectadores a risa intelixente, sensible e fonda de Miguel de Cervantes.
Con Juan Cañas, Miguel Magdalena, Álvaro Tato, Daniel Rovalher, Íñigo Echevarría.
Dirección: Yayo Cáceres
Ron Lalá en coprodución coa Compañía Nacional de Teatro Clásico.
Venda de entradas:
Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 16 a 20 h
Televenda: 902 044 226 e Internet
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible