Clásico de Fernando de Rojas, versión e adaptación de Ricardo Iniesta.
Os días 06/04/2013 ás 20:30 , 05/04/2013 ás 20:30
Xa rematou
20.30 h.
105 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37. 15001 A Coruña
18'00, 14'00, 11'00, 8'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)
Celestina, la tragicomedia aborda a xenial obra de Fernando de Rojas dende unha interpretación grotesca e do teatro da crueldade. Os actores permanecen durante todo o espectáculo en escena, ben encarnando os personaxes ou ben configurando o ambiente escénico e sonoro. Destaca a riqueza dos coros que transportan o espectador ao submundo daquela época, pero que ben puidesen ser dos nosos días. A obsesión polo diñeiro e o fracaso do individualismo exacerbado resultan tremendamente actuais. Celestina é o personaxe feminino máis fascinante da nosa literatura. O humor, o erotismo e os conflitos de clases danse cita neste apaixonante texto que lle vén a Atalaya como anel ao dedo.
A riqueza de imaxes que contén o texto de Rojas resulta única na literatura dramática de todos os tempos. Ao tempo, sen estar escrito en verso, posúe un ritmo e unha riqueza de matices que non se atopa en ningunha prosa. En canto á temática, esta resulta rabiosamente actual.
A Celestina posúe un parentesco moi claro coa linguaxe grotesca e cruel que levamos a escena en Divinas palabras, pero a nosa visión remítenos tamén ao expresionismo máis inquietante e, por instantes, queremos que estea presente a linguaxe onírica que nos impregnara o Lorca máis subrrealista. Os actores do equipo estable de Atalaia son quen dará vida a estas diversas linguaxes a través dunha enerxía especialmente intensa que require esta obra.
O universo sonoro remítenos ao misterio, a perturbación e a maxia dos cánticos eslavos e balcánicos, con retrincos oníricos galaicos que nos transportan no tempo. Universais son vestiario e espazo escénico; ben nos pode evocar devanceiros do final do medievo, pero tamén nos pode remitir a un contexto máis actual. En definitiva o noso obxectivo é chegar á memoria e os sentidos do espectador.
Con Carmen Gallardo, Raúl Vera, Silvia Garzón, Manuel Asensio, Jerónimo Arenal, Lidia Maudit, María Sanz.
Dirección, espazo escénico, versión e dramaturxia: Ricardo Iniesta.
Compañía: Atalaya - TNT
Duración: 105 minutos
Funcións: 20.30 horas
Entradas: 18'00, 14'00, 11'00, 8'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)
*Venda de entradas soltas a partir do 7 de xaneiro
Venda de entradas:
Despacho Central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.
Despacho do Teatro Rosalía: só días de función, de 12 a 14 e de 18 a 20 h.
Venda telefónica: 902 504 500.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible