Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: A idade da pavía

De Arístides Vargas

Cando:

Os días 07/11/2014 ás 20:30 , 08/11/2014 ás 20:30

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, B. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE

Dúas irmás, Eleonora e Celina, rememoran a través das súas cartas a historia de tres xeracións dunha familia de mulleres dende a mirada inocente de dúas nenas. Naquela vella casa da infancia todo podía suceder, había mulleres paxaro que non voaban, nais árbores que daban froitos que podrecían, tías sonámbulas que intentaban aprender a tocar o violín, velorios de 15 días... recordos embriagados polo viño de pavía onde se mesturan a tristeza, a soidade e a ridiculez cos desexos, os soños e as esperanzas.

A idade da pavía é un xogo sobre o tempo e a idade, unha traxicomedia que deambula polos borrosos límites da soidade e da ridiculez cunha linguaxe poética e retranqueira na que se esconde a crítica á sociedade e que conmove, fai rir, chorar, soñar, gozar e anhelar vivir ben o vivido.

Con Fina Calleja, Nate Borrajo, Sabela Gago, Fernando Acosta

Dirección: Ánxeles Cuña Bóveda

Compañía: Sarabela Teatro

Entradas: 14'00, 10'00, 8'00, 6'50 euros (carné xove + 65 anos, desempregados: -20%)

Venda de entradas soltas a partir do 8 de setembro.

Despacho Central, Praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia: de luns a sábado (incluídos festivos) de 9 a 21 h.

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Venda telefónica: 902 504 500.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión