Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: A charca inútil

Teatro do Atlántico preséntanos "A charca inútil" de David Desola, Premio Lope de Vega 2007.

Cando:

Os días 08/11/2013 ás 20:30 , 09/11/2013 ás 20:30

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Duración:

90 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%).

VENDA DE ENTRADAS SOLTAS: dende o 6 de setembro do 2013.

Televenda:

Ataquilla.com

Asegura o autor, facendo uso do sentido do humor, que nos atopamos diante dun drama ao cadrado; esa curiosa definición podería levarnos a imaxinar un "culebrón", ou un "melodramón", ou un espectáculo "tremendo". Pois vai ser iso. Desola ofrécenos un texto de moi alta calidade dentro dunha orixinal estrutura dramática e, xunto con iso, sitúannos nun inquietante e conmovedora paisaxe humana. Personaxes adultos, fráxiles como críos, golpeados polas circunstancias que a vida lles impuxo, andan á procura dun buraco que lles permita crer que existe a luz ao final do túnel.

A dureza da perda é abordada polos personaxes de Desola dende a creación de mundos paralelos, nunha fuxida cara adiante á procura desesperada dun espazo de felicidade que lles permita seguir avanzando, que lles permita intuír un novo horizonte para as súas realidades castigadas. Talvez unha mirada? Se cadra. Ou non. Vale a pena intentalo.

Ao final do espectáculo os espectadores tamén han de crer que, a pesar de todo, podemos ser felices.

Con Gonzalo M. Uriarte, Marcos Vieitez, María Barcala.

Dirección: Xúlio Lago

Compañía: Teatro do Atlántico

Funcións: 20.30 h

Entradas: 14'00 10'00, 8'00, 6'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)

 

* VENDA DE ENTRADAS SOLTAS A PARTIR DO 6 DE SETEMBRO*

Venda de entradas:

Despacho do Central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función, de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Venda telefónica: 902 504 500.

 

VENDA DE ENTRADAS SOLTAS: dende o 6 de setembro do 2013.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión