Concello da Coruña

Concello da Coruña

Chila Lynn

Aos seus 19 anos, Chila Lynn está considerada como unha das perlas musicais dunha nova xeración.

Cando:

14/11/2013 ás 23:00

Xa rematou

Horario:

21.30 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Venda anticipada: 15 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: 13 euros).

** O desconto só se aplicará na venda anticipada.

Día do concerto: 18 euros.

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

ZircoZine Music

A súa voz ten a profundidade, o sentimento e a consistencia das grandes, os seus coñecementos musicais son de grao superior e cando senta ante o piano escoitamos a unha instrumentista de primeiro nivel.

Chila Lynn é unha artista completa, integral e de enorme solidez que comeza unha carreira que apunta todo o máis alto co seu álbum de debut Real Woman.
As cancións do primeiro álbum de Chila Lynn enmárcanse nese soul-pop de raíz negro-americana que só está ao alcance de artistas coa solidez musical de Chila, depositaria dunha voz excepcional e dunha capacidade interpretativa que asombra dada a súa mocidade.

A súa música une o contemporáneo cun alento Motown que sitúa a Chila Lynn nese terreo intemporal no que a calidade manda e o futuro preséntase infinito e prometedor. Un claro exemplo é o primeiro single “When Love…”.

 

Entradas:

Venda anticipada: 15 euros / Venda no despacho de entradas: 18 euros (carné xove, +65 anos ou desempregados: 13 euros)

** O desconto só se aplicará na venda anticipada.

Venda de entradas:

- Despacho da Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h (pagos en efectivo)

- Despacho do Ágora: mesmo día dende unha hora antes (pagos en efectivo)

- Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión