Concello da Coruña

Concello da Coruña

Casablanca, o musical - As time goes by -

Presto Vivace presenta -Casablanca, o musical-, un espectáculo no que a música, o teatro e a danza fusiónanse para representar o paso do tempo. Concerto benéfico a favor de Cruz Vermella. Organiza: Presto Vivace.

Cando:

21/06/2013

Xa rematou

Horario:

19.00 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

3 €.

Farase unha alusión ás diferentes épocas musicais e dancísticas, como o jazz dos anos 40, o latin dos 50, o funky dos 70… e así ata os nosos días. Todo isto, unido nunha historia de amor de película e executado por alumnos e profesionais das tres disciplinas.

Esta é a historia de dous personaxes que formaron parte das nosas vidas, Ilsa e Rick, protagonistas do clásico do cinema negro, Casablanca. Na nosa historia as súas vidas  reencóntranse e inevitablemente continúan o seu idilio de amor secreto entre citas ás agachadas, encontros furtivos e cartas de amor. Pasan os anos e o tempo fará que o mundo que os rodea cambie, as modas, a música, a danza… pero non o seu amor, que pervivirá intacto.

 

 VENDA DE ENTRADAS:


- Despacho da Praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h (pagos en efectivo)

- Despacho do Ágora: mesmo día dende unha hora antes (pagos en efectivo).

- Televenda: 902 504 500 - http://www.servinova.com/

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión