Concello da Coruña

Concello da Coruña

Campamentos de verán 2013 - BOLSAS

Inscrición ata o 11 de xullo de 2013 Co obxectivo de lles axudar ás familias o MAC convoca SEIS BOLSAS por grupo para nenos cuxos pais poidan acreditar que están en situación de desemprego. Os nenos serán aceptados por rigorosa orde de inscrición.

Cando:

Dende o 15/07/2013 ata o 11/07/2013

Xa rematou

Horario:

De luns a venres do 15 ao 26 de xullo de 2013.

Enderezo:

_Campamento de contos

Impartido por Lucía Cuevas

 

Taller de escritura sensitiva. A árbore das palabras

Para nenos de 4 a 6 anos (de 10 a 12 horas)

Moitos nenos afástanse da escritura e da lectura cando o seu contido é teórico. Descoñecen o pracer de crear palabras, de escoitar historias ou de inventar personaxes. A escritura ofrece diversidade de posibilidades, xogar coas metáforas, coa sinestesia e cos puntos de vista, o que esperta a creatividade infantil. As palabras, en primeiro lugar, entran polos sentidos, pódense ulir, comer, tocar, hai palabras azuis, palabras gordas, palabras inquedas... e os nenos gozan dunha gran frescura á hora de plasmar o seu mundo utilizándoas. Escribir, contar historias, é construír universos novos, alternativas, desexos e significados propios.

 

 

Taller de escritura creativa. Cóntame o teu conto!

Para nenos de 7 a 12 anos (de 12 a 14 horas)

Achegarse ao mundo da lectura e da escritura non é sinxelo. Desterrar os propios medos, as nosas inseguridades e romper as regras é unha tarefa que require unha gran dose de seguridade e confianza. Cóntame o teu conto! pretende ensinarlles aos alumnos a cambiar as consignas, romper a linguaxe, a síntese, transformar a realidade imaxinaria.

 

 

_Campamento de cine

Impartido por Tonecho Otero.

 

Taller cinematográfico. Da túa imaxinación á pantalla!

Para nenos de 4 a 6 anos (de 12 a 14 horas) e de 7 a 12 anos (de 10 a 12 horas)

Este verán propoñémosvos a realización dun campamento no que cada día xogaremos con cada un dos campos creativos que interveñen na concepción e realización dunha película: Literatura, Cómic, Fotografía, Deseño, Teatro, Música e Vídeo. Na vosa película seredes guionistas, actores, deseñadores de decorados, de vestiario, de atrezzo, operadores de cámara, directores, produtores, músicos e editores de vídeo.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión