Concello da Coruña

Concello da Coruña

Berros no roncar nas ondas

Exposición fotográfica de Xacobe Melendrez

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 07/08/2015 ata o 30/08/2015

Xa rematou

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34, Bj. 15002 A Coruña

A exposición, instalada entre os módulos expositivos da sala Maremganum e da sala Humboldt, estará no Aquarium Finisterrae ata o 30 de agosto.

Esta mostra é unha proposta de reflexión sobre a relación das persoas co mar. Baséase en imaxes, nas que o fotógrafo Xacobe Meléndrez Fassbender asume como estratexia mostrar o punto de vista do océano, e pousa a súa mirada en centros de interese litorais, localizacións intimamente relacionadas con versos do académico Bernardino Graña, que é un dos máis prestixiosos poetas galegos do mar.

Imaxe e texto compleméntanse para provocar, nas visitas, un achegamento sentimental a esta liña de fricción entre a sociedade e a natureza, que é a costa. Doce fotografías de gran formato e plasticidade, presentadas en calidade museística, intercaladas entre as diferentes instalacións do Aquarium, dialogando con elas e buscando sensibilizar aos asistentes sobre a necesidade de conservar co mar.

Xacobe Meléndrez Fassbender (Tegucigalpa, 1963), fotógrafo galego nado en Honduras, leva máis de 15 anos expoñendo regularmente, utilizando a linguaxe da imaxe para comunicar as súas inquietudes vitais, case sempre centradas en temas ambientais. Bernardino Graña (Cangas, 1932), Académico da Lingua, foi cualificado por Manuel María como "o noso grande poeta do mar". Escribe narrativa, teatro, literatura infantil e poesía, poñendo a súa voz ao servizo das problemáticas sociais.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión