Concello da Coruña

Concello da Coruña

Antonio Orozco

"Dos orillas", a nova produción discográfica de Antonio Orozco.

Cando:

06/08/2014

Xa rematou

Horario:

22.00 h

Enderezo:

Praza de M.ª Pita . Praza Mª Pita s/n. 15001 A Coruña

Prezo:

Gratuíto

Organiza:

IMCE

Entrou directamente ao número 1 de vendas en España e é Disco de Platino nun tempo récord de só dúas semanas dende o seu lanzamento. E entre unha beira e a outra, hai un océano de música onde nada é o que parece. Agora, no momento cume da súa carreira, Antonio Orozco presenta a súa xira "Ozean's Club". Canto hai que a noite non te sorprende?

O seu esperado novo álbum "Dos orillas" foi -como o seu propio título indica- unha produción xestada entre dous continentes unidos por un océano. Dun lado, Rafa Sardina en Los Ángeles, o reputado produtor que traballou cos máis grandes nomes da música en América. Do outro, Xavi Pérez e John Caballés en Barcelona, os produtores de cabeceira do artista que contan coa súa máis absoluta confianza. E como ponte entre ambos os mundos, o propio Antonio Orozco, o chamán que logrou dar a vida á que sen dúbida é a colección de cancións máis completa que gravou en toda a súa carreira.

Antonio Orozco é neste momento un dos artistas máis brillante e con maior talento do panorama musical do noso país, continúa construíndo dende o ano 2000 e tras sete álbums de estudo, un valiosísimo legado musical a base de éxitos cuxo ingrediente básico é a suma honestidade coa que é capaz de chegar ao corazón da xente. O seu último hit "Llegará", incluído en "Dos orillas", converteuse en poucas semanas en todo un emblema dentro do seu xa recoñecible repertorio grazas a unha mensaxe cargada de enerxía e positivismo. Este primeiro single debutou número un en iTunes e o seu videoclip supera de cheo 1 millón de views en Youtube/VEVO en apenas unhas semanas. E é que unha vez que un dos seus temas te toca, xa non hai volta atrás.

Como dicía na estrea de "Dos orillas" o seu amigo e xornalista Jordi Évole, "Grazas por volver, dándoo todo, Antonio" e por convidarnos a descubrir Ozean's Club.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión