Concello da Coruña

Concello da Coruña

Amérrika de Cherien Dabis

Drama protagonizado por unha inmigrante palestina e o seu fillo adolescente nunha cidade de Illinois.

Cando:

Os días 18/12/2014, 19/12/2014, 20/12/2014

Xa rematou

Horario:

- xoves 20.15 h

- venres 20.15 e 22.45 h

- sábado 17.15 e 20.15 h

Duración:

95 min

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

3 euros (carné xove, + 65 anos ou desempregados: 2.00 euros)

Sesións do espectador: venres 22.45 h e sábados 17.15 h. Prezo único: 1.50 euros.

Organiza:

IMCE

Documentos:

Programación Sala Marilyn Monroe (927 KB)

A vida de Muna transcorre entre a pesadez diaria dos puntos de control de Cisxordania e a sombra dun matrimonio fracasado, pero todo cambia cando obtén un permiso de traballo e residencia para os Estados Unidos.

Sabendo que é a única maneira de conseguir un futuro mellor, Muna e o seu fillo adolescente, Fadi, deixan Palestina en busca dunha nova vida nunha pequena cidade de Illinois. A irmá de Muna, o seu marido e as súas tres fillas, instalan os recentemente chegados na súa casa. Alí terán que esforzarse por encaixar nunha nova cultura sen perder a propia, enfrontándose a unha contorna que, tras a invasión de Iraq, mira con desconfianza a todo Oriente Medio. Mentres Fadi conxenia coa súa curmá rebelde e se mete en leas no instituto, a indomable Muna non perde a esperanza e a pesar de ter que levar unha dobre vida na hamburguesería local, afronta con optimismo esta nova etapa, ensinándolle ao seu fillo unha lección que nunca esquecerá.

Director: Cherien Dabis

Intérpretes: Nirseen Faour, Melkar Mullem

Canadá, 2009 - 95 min

(V.O.S. en castelán)

TODOS OS PÚBLICOS - Formato: 35 mm.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión