Concello da Coruña

Concello da Coruña

Amancio Prada presenta A Rosalía de Federico

Sen dúbida, un bo concerto para celebrar o 150 aniversario da edición de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro (1837-1885), a primeira grande obra da literatura galega contemporánea.

Cando:

28/06/2013

Xa rematou

Horario:

20.30 horas

Enderezo:

Teatro Colón

Prezo:

Información en www.teatrocolon.es
A Rosalía de Federico é un concerto escénico de Amancio Prada. O recital inclúe a estrea dos “Seis poemas galegos” de Federico García Lorca e o seu “Salutación elegíaca a Rosalía de Castro”. As cancións compoñen un acorde rosalorquiano aberto e arpexado de afinidades e contrastes, asonancias e consonancias. Unha armazón de imaxes, emocións e versos en castelán e en galego, “para o marabilloso é igual”. Area do Sur quente que pide camelias brancas. Camelias de luz e de sombra.

 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión