Concello da Coruña

Concello da Coruña

Alén do tempo

A nova exposición do Centro Sociocultural Novacaixagalicia é «Leopoldo Nóvoa. Alén do tempo», un exhaustivo repaso pola produción pictórica dun dos grandes artistas de Galicia do século XX.

Cando:

Dende o 19/03/2013 ata o 06/05/2013

Xa rematou

Horario:

Luns a venres de 17.00 a 21.00 e sábados e festivos de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h.

Enderezo:

A mostra está integrada por 29 cadros procedentes de diferentes coleccións persoais e institucións museísticas que uniron esforzos, a instancias da comisaria, Mercedes Rozas, para presentar unha retrospectiva centrada na evolución que o xenio de Armenteira experimentou dende os anos cincuenta do pasado século ata pouco tempo antes da súa morte. Trátase, polo tanto, dun percorrido antolóxico especialmente enfocado cara á vida parisiense, posto que foi a capital francesa un dos lugares emblemáticos para comprender a pintura de Nóvoa, unha arte impregnada de referentes emotivos que converten a súa pintura nun medio de expresión das emocións máis intensas. A andaina de Nóvoa dende a figuración ata o informalismo, do que practicamente se erixiu en paradigma, é un dos camiños que se poden trazar nesta exposición. A chegada aos seus cadros espaciais, aqueles que presentan innovacións na incorporación de materiais alleos aos propios pigmentos, simboliza a madurez artística dese Nóvoa que é hoxe quizais o máis coñecido. A aparición de elementos máis vinculados á escultura, como arames, petiscos ou puntas, sitúano ante un momento de cambio intenso na concepción da pintura, posto que, dalgunha maneira, da man de Nóvoa, esta disciplina pasa a reclamar tamén a tridimensionalidade que lle é inherente á escultura. Os trazos característicos de ambos, cultivados polo xenio de Armenteira, acaban convivindo para crear unhas pezas en que innovación e emoción apelan ao espectador.

Co propósito de contribuír a unha maior promoción da arte e, neste caso, do galego en particular, Novacaixagalicia pon a disposición dos centros escolares un completo programa didáctico específico para cada etapa educativa dende infantil ata a universidade. Ademais, todas aquelas asociacións ou colectivos que o desexen tamén poderán acordar unha visita guiada á mostra logo da previa reserva no número de teléfono do Centro Sociocultural Novacaixagalicia da Coruña. Como complemento, a entidade ofrece, así mesmo, a opción de acudir ás visitas de público xeral que se realizarán, mentres permaneza aberta a exposición, todos os mércores e venres ás 19.00 h.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión