Concello da Coruña

Concello da Coruña

Alejandro Sanz - Xira "La música no se toca"

Alejandro Sanz está de volta para ofrecer o seu mellor directo coa xira "La música no se toca". Da man das últimas tecnoloxías, o artista regresa cun espectáculo completamente sorprendente. Un escenario vivo, tridimensional, que interactúa coa música e o público ao servizo do espectáculo.

Cando:

15/06/2013

Xa rematou

Horario:

22.30 h.

Enderezo:

Coliseum

Prezo:

- Pista  zona premiun: 65 €

- Pista: 36 €

- Tendido baixo numerado: 50€

- Tendido medio numerado: 44 €

- Tendido alto sen numerar: 28 €

Televenda:

Ataquilla.com

Un directo renovado no que o artista comparte composicións emblemáticas da súa carreira á vez que dá a coñecer en directo os temas de “La música no se toca”, o seu último traballo discográfico que viu a luz o 25 de setembro de 2012 e está a lograr unhas impresionantes cifras de vendas. O álbum, que debutou núm. 1 en vendas a nivel internacional en 18 países, alzouse co Cuádruplo Disco de Platino en España, Dobre Disco de Platino en Colombia, Disco de Platino en México, Disco de Ouro en Venezuela e Arxentina e Disco de Ouro en EE.UU. e Porto Rico, manténdose entre os 5 discos máis vendidos de toda Latinoamérica.
O 10 de outubro de 2012 Alejandro Sanz iniciou a súa xira internacional en México. Durante un mes, Sanz percorreu o país ofrecendo multitudinarios concertos, nos que colgou o cartel de “sold out” en todas as provincias. Ademais, ofreceu un histórico concerto no Foro Sol (Cidade de México) ao que asistiron máis de 50.000 persoas.
Unha banda de 10 músicos -5 deles son mulleres- sobre o escenario, máis de 100.000 watts de son e os efectos lumínicos máis impactantes e novos xa esperan ao público, que presenciará o regreso de Alejandro Sanz a España na que sen dúbida será a xira do ano: “A música non se toca”.
A xira internacional de Alejandro Sanz conta cun staff composto por 40 persoas, ás que se unen arredor de 80 persoas máis en cada unha das cidades polas que pasa o tour; 6 camións encárganse de transportar o material e 24 toneladas de equipos acompañan a Alejandro Sanz ao longo de toda a súa xira.

 

ENTRADAS:

- Pista zona premium: 65 €.

- Pista: 36 €.

- Tendido baixo numerado: 50 €.

- Tendido medio numerado: 44 €.

- Tendido alto sen numerar: 28 €.

 

VENDA DE ENTRADAS:

- Despacho da Praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h (pagos en efectivo).

- Despacho do Coliseum: mesmo día do concerto (pagos en efectivo).

- Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión