Creación dun mural no barrio da Agra do Orzán en que se mesturan a historia e o presente dun barrio coa arte urbana, a ilustración, as tendencias e a música
04/10/2014, de 10:00 a 20:00
Xa rematou
Dende o 18/09/2014 ata o 02/10/2014
De 10.00 a 20.00 h.
Gratuíto.
Para a mocidade de 13 a 17 anos.
Inscrición previa en agradirecto@coruna.es ou no Ágora, enviando o formulario cuberto.
É necesario achegar unha autorización asinada de pai/nai ou titor/a.
Para iso intentarase reflectir o barrio a través da interpretación das caras dos seus habitantes nun dos seus muros, de 2 m de alto con siluetas predeterminadas de caras no que a mocidade pintará e desenvolverá as súas pezas.
A cada 2 mozos corresponderalles unha delas e dentro desa forma poderán intervir libremente, facendo o personaxe do barrio que queiran. Previamente ensinaránselles distintas técnicas: poderán crear grandes manchas de cor coas brochas, liñas finas con sprays, degradados, ou mesmo facer unha "plantilla".
Durante todo o día a música acompañará a acción da man de mixtapes realizadas para a ocasión por algúns dos dj´s máis coñecidos da cidade de distintas épocas.
QUEN: Colectivo Bababum http://bababun.bandcamp.com e un equipo de 8 colaboradores de entre 13 e 17 anos.
ONDE: Muro exterior do pavillón polideportivo do CEIP Raquel Camacho.
Entidades
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible