Concello da Coruña

Concello da Coruña

A libro aberto: conversas con escritoras

Comezo do ciclo "A libro aberto: conversas con escritoras". Este xoves recibiremos a Rosa Montero con quen falaremos do seu último libro "La ridícula idea de no volver a verte" e repasaremos a súa traxectoria literaria.

Cando:

13/06/2013

Xa rematou

Horario:

20 horas.

Enderezo:

ROSA MONTERO. Naceu en Madrid en 1951. Estudou Periodismo e Psicoloxía e traballou para diversos medios de comunicación (Hermano Lobo, Posible, Fotogramas, etc.). Actualmente colabora no diario El País. En 1978 gañou o Premio Mundo de entrevistas, en 1980 o Nacional de Periodismo e en 2005 obtivo o Rodríguez Santamaría de Periodismo en recoñecemento á súa traxectoria profesional. Recentemente outorgóuselle o Doutoramento Honoris Causa pola universidade de Porto Rico. É autora das novelas Crónica del desamor (1979), La función Delta (1981), Te trataré como a una reina (1983, Seix Barral), Amado amo (1988), Temblor (1990, Seix Barral), Bella y oscura (1993, Seix Barral), La hija del caníbal (1997, Premio Primavera), El corazón del tártaro (2001), La loca de la casa (2003, Premio "Qué Leer" ao mellor libro do ano en español e Premio Grinzane Cavour 2005 de literatura estranxeira), Historia del Rey Transparente (2005, Premio "Qué Leer" ao mellor libro do ano en español) e Instrucciones para salvar el mundo (2008). Tamén é autora do libro de relatos Amantes y enemigos (1998), das obras relacionadas co periodismo España para ti para siempre (1976), Cinco años de país (1982), La vida desnuda (1994), Entrevistas (1996), Pasiones (1999), Estampas bostonianas y otros viajes (2002) e dos libros infantís El nido de los sueños (1991) e a serie protagonizada por Bárbara. A súa obra está traducida a máis de vinte idiomas. Acaba de publicar a novela La ridícula idea de no volver a verte (2013) na que ao fío da extraordinaria traxectoria de Curie, Rosa Montero constrúe unha narración a medio camiño entre o recordo persoal e a memoria de todos, entre a análise da nosa época e a evocación íntima que fai que o lector recupere o primitivo pracer de escoitar boas historias.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión