Concello da Coruña

Concello da Coruña

A FESTA DAS LETRAS GALEGAS.17 DE MAIO, NOS XARDÍNS DE MÉNDEZ NÚÑEZ

Co obxectivo de potenciar e promover o uso do galego no xogo, no lecer, fóra das aulas, entre os máis novos e o público en xeral, nace esta actividade, un xeito diferente de celebrar o Día das Letras, diversión a través da música galega, ao mesmo tempo que se desenvolven sensibilidades comunicativas e se valoriza e mellora a imaxe social do idioma. Por iso, rapazada, gozade da festa!

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

17/05/2015

Xa rematou

Horario:

17.30 h: XOGOS DO PAPORRUBIO

19.00 h: MAMÁ CABRA: 15 primaveras

 

Prezo:

Gratuíto

Organiza:

Deputación Provincial da Coruña
(EN CASO DE CHOIVA, TRASLADARASE AO CENTRO ÁGORA.)

17.30 H: XOGOS DO PAPORRUBIO

"Os xogos do Paporrubio" é un compendio de xogos autónomos e animados de temática agraria, que nos dá a coñecer un dos paxaros máis pequenos, rebuldeiros e cantaruxeiros da nosa fauna.

O noso paporrubio, calzado cuns zoquiños, guía a nenas/os e maiores por unha eira chea de xogos. As e os participantes nesta aventura terán que ir descubrindo como se xoga a algúns dos xogos, mentres que se sorprenderán noutros deles grazas ás pequenas historias contadas e cantadas polos animais e habitantes da granxa, elaborados con xoguetes, marionetas e xigantes.

A pretensión é facerlles accesible aos pequenos, a través da diversión en familia, unha cultura agraria que de por si adoita fascinar e marabillar.

19.00 H: MAMÁ CABRA: 15 primaveras

Mamá Cabra é un grupo de música infantil pioneiro na produción de espectáculos musicais pensados para o público infantil. A súa historia remóntase ao ano 2000 e partiu primeiramente para facer cancións para as clases de Educación musical de Gloria, unha das fundadoras do grupo.

O espectáculo – 15 primaveras

Despois de ler o poema do "Timoteo" do libro Rimas con letras, Gloria, emocionada e ilusionada toma unha decisión: encher o mundo de notas musicais de cores vivas con cheiro a campo verde, de sons máxicos que lles darán vida a historias máxicas, como a da cabritiña que se converterá en nai, da nosa Mamá Cabra.

Mamá Cabra presenta o seu novo espectáculo, en que fará un percorrido pola historia do grupo e das súas mellores cancións. Un espectáculo diferente cun formato de "concerto-teatro" onde se amosará unha nova Mamá Cabra disposta a seguir enchendo de ilusión e ritmo os corpos da xente miúda.

 

 

 

 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión