Concello da Coruña

Concello da Coruña

A arpa na música do século XX

Ciclo de concertos temáticos - Irantzu Aguirre & Javier Grela.

Cando:

14/04/2013 ás 23:00

Xa rematou

Horario:

12.30 h.

Enderezo:

Prezo:

Entrada libre, aforamento limitado.

Arpa e piano

A historia moderna da arpa está marcada por dous apelidos ilustres no mundo dos fabricantes de instrumentos: Erard e Pleyel. E por un país, Francia, que a principios de século XX vía como os dous famosos fabricantes trataban de impoñer as súas diferentes evolucións na arpa clásica, realizando
encargos aos máis importantes compositores da época impresionista.

Finalmente sería a arpa Erard a que se impoñería entre os arpistas a nivel internacional, pero independentemente de cal das dúas patentes conseguise o beneplácito dos intérpretes, esta competencia entre os dous fabricantes deixounos un legado de magníficas obras escritas para a arpa moderna. Unhas obras que aínda hoxe seguen sendo unha referencia para os compositores actuais á hora de compoñer nova literatura para a arpa.

Neste concerto escoitaremos entre outros, a John Williams, quen ademais da súa brillante carreira na composición de música para o cinema, destaca tamén na composición de música de concerto, para a que compuxo numerosas obras orquestrais. Unha das últimas, composta no ano 2009 é o seu concerto para arpa e orquestra titulado On Willows and Birches.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión