Concello da Coruña

Concello da Coruña

2021, unha odisea na terra

V Mostra de teatro afeccionado

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

02/10/2016

Xa rematou

Horario:

18 horas

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

'2021, unha odisea na terra' é unha comedia familiar de aventuras sobre os problemas causados pola contaminación ambiental, que pretende promover boas prácticas persoais e sociais para o coñecemento e coidado da contorna natural e potenciar, de maneira transversal, a educación nos valores relacionados co bo uso e goce dos espazos urbanos e rurais nos que centra o seu labor o Programa de Educación Viaria do Concello de Narón. O texto orixinal de Jose Prieto foi creado para o elenco e equipo artístico encargado da súa posta en escena, inspirado nas actividades que desenvolve o Grupo de Educación Viaria da Policía Local de Narón e contando co asesoramento do persoal técnico responsable. O espectáculo, que ten unha duración aproximada de sesenta minutos, está dirixido a público infantil e familiar.

 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión