Concello da Coruña

Concello da Coruña

100 anos de arquitectura e diseño en Alemaña

A exposición "100 anos de arquitectura e deseño en Alemaña" está organizada polo Museo de Arquitectura da Universidade Técnica de Munich e o IFA, Intituto de Relacións Internacionais, Stuttgart.

Cando:

Dende o 08/02/2013 ata o 28/04/2013

Xa rematou

Horario:

De martes a venres de 10.00 a 20.00 h.
Sábados de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 h.
Domingos de 10.00 a 14.00 h.
Luns e festivos: pechado.

 

Enderezo:

Museo de Belas Artes

Foi concibida para conmemorar o centenario da Deustscher Werkbund, a mítica Liga Alemá de Talleres fundada en 1907 por 12 artistas e arquitectos, xunto con 12 fábricas de Munich, co obxectivo de relacionar artes, industria e artesanía, e permite percorrer os grandes momentos da súa historia. O arquitecto Hermann Muthesius foi o seu principal inspirador e pretendía que por medio do deseño, a industrialización e a produción en masa se conseguise transformar a sociedade. As súas iniciativas no ámbito das exposicións, publicacións e construcións de urbanizacións de vivendas foron decisivas para o desenvolvemento de novas formas no ámbito da arquitectura, a planificación urbana e o deseño industrial, pero tamén para o xurdimento da conciencia ecolóxica e unha ética do consumo máis razoable.

A exposición, organizada en sete áreas cronolóxicas, está composta por unha serie de paneis con representacións, información e textos da historia, actividades e persoas do Werkbund Alemá, ademais de case 500 obxectos entre carteis, maquetas, revistas, mobles, vaixelas, deseños, debuxos e fotografías ... procedentes do Museo de Arquitectura da Universidade Técnica de Munich, do Museo de Arquitectura da Universidade Técnica de Darmstadt, da Universidade de Stuttgart, da Fundación Stankowski de Stuttgart, do Museo de Deseño de Gante e do Lore Kramer de Frankfurt.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión