Grupos de conversa en galego para mellorar a capacidade de comprender e falar nesta lingua para persoas que aínda a están aprendendo ou que non a dominan completamente.
Persoas que aínda están aprendendo galego ou que non o dominan completamente.
Dende o 21/10/2014 ás 10:30 ata o 13/11/2014 ás 08:00 , os martes e xoves
Xa rematou
Dende o 06/10/2014 ata o 16/10/2014
Trimestral
Gratuíto.
Persoas maiores de 18 anos que teñan un nivel básico de comprensión oral en galego e que desexen melloralo.
Máximo 10 persoas por grupo.
Consisten en reunirse periodicamente un grupo de persoas para conversar en galego, cada un segundo o nivel que posúa pero axudados por un ou varios membros da reunión que teñen un nivel alto do idioma.
Os grupos de conversa caracterízanse por crear ambientes distendidos e provocar situacións de diálogo similares ás da vida cotiá na cidade. Buscan a vertente máis práctica da aprendizaxe dun idioma sen profundar nas cuestións gramaticais.
Formarase un grupo en cada un destes centros:
Inscrición: do 6 ao 16 de outubro, na conserxería do Forum e do Ágora (respectivamente), en persoa ou por teléfono.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible