Concello da Coruña

Concello da Coruña

Xacarandaina na rúa

Programación especial "Día Internacional da Danza"

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

29/04/2015 ás 19:00

Xa rematou

Horario:

19.00 h

Duración:

90 min

Prezo:

Libre e gratuíto.

Organiza:

Asociación cultural Xacarandaina

Xacarandaina nace no ano 1978 co obxectivo de gozar do tempo de lecer a través do baile e da música da nosa terra. Comeza sendo unha asociación xuvenil, para converterse no ano 2008 en asociación cultural.

Actualmente está formada por unhas 1.000 persoas e conta con actividades moi diversas, durante todos estes anos, a asociación foi pioneira na organización de eventos como "O día da muiñeira na Coruña" ou o "Concurso de Música e Baile Tradicional", ao que acode a mocidade de toda Galicia e mesmo das casas galegas da Península.

Ademais, a través do Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina, dirixido por Henrique Peón, participa en festivais internacionais, polo que participa na divulgación do noso folclore por todo o mundo ( Francia, Ucraína, Hungría, Italia...)

Coreografía e interpretación: Grupo de Música e Baile tradicional Xacarandaina

Lugar: Parque de Marte - praza de Mª Pita (pola praza de España) - Rúa Historiador Vedía - praza de Mª Pita (por San Andrés) - praza de Ourense - praza de Mª Pita (polos Cantóns)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión