O poder da imaxe, a política, o medo ao diferente, a represión, a loita son temas dos que fala.
16/01/2015 ás 23:59
Xa rematou
21.00 h
70 minutos
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
9'00 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: 7'00 euros)
"Roubar un banco é delito, pero máis delito é fundalo". B. Brecht.
A Lei de vagos e maleantes foi unha lei do código penal do 4 de agosto de 1933, referente ao tratamento de vagabundos, nómades, proxenetas e calquera outro elemento considerado antisocial e posteriormente foi modificada para reprimir tamén os homosexuais.
Por ser unha lei que non sancionaba delitos senón que intentaba evitar a comisión futura deles non incluía penas, senón medidas de afastamento, control e retención dos individuos supostamente perigosos ata que se determinase que se acabou o seu perigo.
A lei foi derrogada definitivamente en 1995.
Duración: 70 minutos
Compañía: Sudhum Teatro
Con Rebeca Vecino, Pedro Martín e Denis Gómez
Dirección: Gustavo del Río
Entradas: 9'00 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: 7'00 euros)
Venda de entradas:
Despacho Central, Praza de Ourense: de luns a venres, excepto festivos, de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.
Sede Afundación: de luns a sábados, festivos incluídos, de 9.00 a 21.00 h.
Despacho do Fórum Metropolitano: dende unha hora antes de cada función.
Venda telefónica: 902 504 500.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible